En Casa Grande de Xanceda buscamos unha persoa aventureira para incorporarse ao equipo do almacén loxístico que temos en Ledoño. Somos unha granxa láctea ecolóxica e precisamos a alguén que teña simpatía, responsabilidade e que comparta os nosos valores. Por iso é suÚuper importante ser amante dos animais e a natureza!
En dependencia do responsable de Expedición. Xornada completa. Incorporación inmediata.
FUNCIÓNS : este posto require unha persoa para almacén de expedición de produtos alimentarios que tería as seguintes funcións :
- Preparación de pedidos
- Carga e descarga de mercancía nas diferentes ubicación con carretilla elevadora, traspaleta eléctrica e manual
- Control de stocks
- Manexo de ofimática
REQUISITOS :
Manexo de informática a nivel usuarioPersoa meticulosa e áxilFlexibilidade horariaPreferiblemente, residentes na zonaDesexable que teña formación en manexo de carretilla elevadora e traspaletas eléctricas e experiencia en almacén refrixeradoCOMPETENCIAS :
Alegría e optimismoAxilidade e facilidade na resolución de problemas e adaptación a novas situaciónsTraballo en equipo : xuntos todo funciona moito mellor!Planificación e organización, estas habilidades non che han ir mal!Compromiso : buscamos alguén que queira quedar con nós moito tempo, é que nos encariñamos rápido, sabes?Empatía. Temos moito flow e bo rollo no equipo, ven con empatía e verás que todo vai rodado.Proactividade : gústannos as persoas que pensen con iniciativa propia!BENEFICIOS :
Formarás parte dun proxecto estable, terás formación integral a cargo da empresa e un bo ambiente de traballo.